5 datos imprescindibles sobre o abandono da basura na natureza

O ecosistema do campo, dos bosques e do monte reséntese cada vez que abandonamos neles lixo que, en moitas ocasións, acaba nos ríos, lagos e mares onde é moito máis difícil de retirar.  Calcúlase que máis dun terzo dos residuos que invaden os espazos mariños proceden do abandono de lixo ou littering en praias ou […]

Andaina de Moreiras

VII Andaina de Moreiras

O sábado, día 12 de outubro, celebrouse a sétima edición da Andaina de Moreiras. Como en anteriores ocasións a climatoloxía puxo todo da súa parte para que os participantes disfrutasen dunhas condicións impropias do mes de outubro.

Qué é e sobre que trata a sustentabilidade.

A sustentabilidade e o desenvolvemento sustentable son dous termos que soan cada vez con máis frecuencia e están a se vincular a ámbitos cada vez máis amplos, estás de acordo? Este feito fai que, quizá, resulte un pouco complexo saber sempre a que nos estamos referindo cando os utilizamos e, por este motivo, hoxe queremos […]

Con «A Nosa Identidade» pretendemos conservar e dar a coñecer a memoria fotográfica de Moreiras.

A través dos anos a paisaxe de Moreiras foi mudando até convertirse no que hoxe coñecemos. Algúns lugares transformáronse mentras que outros desapareceron e só quedan no recordo….
As persoas que fixeron posible esta transformación, crearon unha identidade singular que define a Moreiras como pobo. Moitas delas xa non están con nos, pero a sua impronta perdura na memoria colectiva dos veciños e veciñas.

Boca de Rego

Proxecto de instalación de bocas de rego

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Moreiras-Trelle está a desenvolver un proxecto de instalación de bocas de rego en diferentes puntos de Moreiras e Trelle.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII, a Igrexa de San Pedro de Moreiras destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada. Trátase dunha igrexa rural de ámplias dimensións que presenta planta de cruz latina.

Do Beato Rudesindo Sabucedo

Segundo relata a historia, fora cousa de Carmiña Canal, unha leiteira moi lercha de Gradeira. Comezara a dicir que na corte da casa da tamén leiteira Ramona Sabucedo, nas Airas, vivía acochado, coa lepra, o seu sobriño Rudesindo, orfo de nai desque seu pai Eligio, irmán dela, marchara a México.

Contactar por e-mail Conta da Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Conta da Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss