VI Andaina de Moreiras

Fiel a súa cita, a andaina foi a protagonista do día de onte en Moreiras. O venres espertou nubrado aínda que as previsións non auguraban unha xornada revolta no que a meteoroloxía se refire. O número de inscritos, a pesares da ponte do Pilar, superou amplamente os douscentos, todo un éxito tendo en conta as limitacións propias da Asociación de Veciños para afrontar retos desta magnitude. Pero está claro que o noso equipo gustanlle os desafíos importantes.

Moitas caras coñecidas entre os participantes, algunhas delas asiduas desde que no 2013 celebramos a primeira edición da andaina, pero tamén caras novas e mocidade, o que ven a corroborar o bo estado de saúde da andaina.

O trazado do percorrido foi unha vez máis o do PR-G 186. A sinalización cremos que estivo por encima do que vén sendo habitual neste tipo de eventos e os avituallamentos, 4 en total, foron exhaustivos co control dos participantes.

Para finalizar un ano máis os participantes puderon degustar un menú composto por carne ao caldeiro, empanada, bica auga, viño e licores. Que máis se pode pedir?
Que regresedes o ano vindeiro!

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio