A Asemblea Extraordinaria de Comuneiros acaba sen acordo.

A pesares de que a prensa fala, de forma xeralizada, dun veto por parte dos comuneiros de Moreiras e Trelle á proposta do Sergas  de  ceder os terreos e instalacións do  psiquiátrico a Aspanas Termal, o certo é que a asemblea celebrada o pasado día  un de xuño acabou sen ningún tipo de acordo.

Ainda que boa parte dos asistentes mostraron  a sua satisfacción por a chegada desta proposta, houbo voces críticas opostas ao cambio da etiqueta medico-asistencial e mesmo algunha que fixo referencia ás debedas que Aspanas según reflexa a prensa –  mantén con algúns ex-traballadores.

En todo caso as negociacións con Aspanas e o Sergas siguen abertas.

 

O ERRO DOS TITULARES

A asemblea finalizou sobre as 7 da tarde  sin que se houbese votado ningunha das propostas debatidas, sen embargo os titulares dos tres diarios máis importantes da nosa comunidade non deixaban lugar a dubida:

  •  “Los comuneros bloquean la cesión del psiquiátrico de Toén a Aspanas Termal” – La Voz de Galicia
  • “Los Comuneros de Moreiras impiden que el SERGAS ceda a Aspanas el psiquiátrico de Toén” – Faro de Vigo
  • “Vecinos de Toén vetan el uso del psiquiátrico por Aspanas” – La Región

Como ben reflexan os estatutos da comunidade,  ningún acordo poderá adoptarse sin a maioria dos votos presentes, por o que ningún dos tres titulares se adapta a realidade.

 

ACTUALIZACIÓN  9 de xuño de 2013

Na súa edición do sábado, día 8 de xuño, Faro de Vigo  indica: “Tras el rechazo inicial, hace una semana, y por mayoría asamblearia de votos de los comuneros, a dejar la concesión a Aspanas…..”

Rechazo inicial , mayoría asamblearia de votos …. ¿en qué asemblea  estiveron os reporteiros de Faro?

 

 

 

 

 

 

 

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio