O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra para, xuntos, lograr que se converta nun valor que dinamice a vida social e cultural de Moreiras.
A pesar de que son moitas e variadas as iniciativas que barallamos en cada unha das nosas reunións, os membros da Xunta Directiva da Asociación somos conscientes da dificultade que representa satisfacer as inquietudes e expectativas de todos os nosos veciños.
É por iso que habilitamos un formulario desde o que podedes facernos chegar as vosas propostas, suxestións, críticas ou comentarios na seguridade de que todos serán convenientemente atendidos.
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.