O día 5 de outubro celebrarase a II Edición da Andaina de Moreiras, un evento que arrancou o pasado ano deixando, en xeral, bo sabor de boca a todos os vecinos do pobo e particularmente ós que formamos parte da Asociación de Veciños, entidade organizadora da proba.
Pouco ten que ver o percorrido desta segunda edición da Andaina de Moreiras có da súa predecesora. Máis do oitenta por cento do trazado foi renovado na procura de novos camiños, e Mugares, Toén e Fondón tomaron o relevo de San Benito e As Airas.
O prazo de inscrición remata o día 1 de setembro ou ó acadar o número máximo de participantes: 250.
DATA
5/10/2104
ENTREGA DORSAIS
8:45 horas
Casa de Cultura
SAÍDA
9:30 horas
Casa de Cultura
PERCORRIDO
Un circuito principal de 27 quilómetros que, con saídas ós 14 ou 21 quilómetros, percorre Moreiras, Mugares, Fondón, Toén, Trellerma e Trelle
AVITUALLAMENTOS
Disporase de tres puntos de avituallamento ó longo do percorrido no que se ofrecerán ó participantes productos solidos e/ou líquidos.
INCRICIÓN
Prezo 7 euros.
Inclue participación na churrascada que se celebrará ó rematar a proba.
PARTICIPANTES
Máximo 250
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.