Andaina de Moreiras

Cunha participación que superou con fartura as expectativas da Asociación de Veciños e unhas condicións climatolóxicas extraordinarias, o sábado, día 12 de outubro, celebrouse a primeira edición da Andaina de Moreiras.

A pesar do lamentable intento dalgún desalmado de boicotear a proba modificando a última hora a sinalización do trazado, foron moitos os participantes que percorreron os vinte e cinco quilómetros do circuíto longo.

Desde a Asociación de Veciños de Moreiras, queremos dar as grazas a todos os participantes, esperando contar coa súa presenza na segunda edición deste evento deportivo, que se celebrará o mes de outubro de 2014.

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio