Así foron as II Xornadas Micolóxicas

O pasado fin de semán, tal e como estaba previsto, celebráronse as segundas Xornadas Micolóxicas de Moreiras. Organizadas pola Asociación de Veciños de Moreiras, coa colaboración do Concello de Toén, as xornadas, nas que participaron arredor dunha trintena de persoas, comezaron ás seis da tarde do venres coa inauguración da exposición fotográfica “O marabilloso mundo dos fungos”. Nela os asistentes poideron contemplar de preto algunhas das especies máis características dos nosos montes e descubrir as súas peculiaridades.

Ao seu carón unha exposición de exemplares recén colleitados amosaba as diferencias entre as variedades dunha mesma especie e, ao mesmo tempo, as semellanzas entre cogomelos comestibles e tóxicos, semellanzas que en ocasións levan a perigosas confusións

As oito comezou a primeira das charlas-coloquio programadas, nela Agustín Álvarez disertou acerca dos fungos e das suas particulares caracteríscas e respondeu as preguntas dos asistentes. O primeiro día das xornadas rematou cunha degustación na que os cogumelos tiveron un papel destacado.

O sábado arrancou coa saída micolóxica. A pesares dos nubarróns a auga non se deixou ver e os participantes poideron colleitar unha boa cantidade de cogomelos: amanitas, boletus, níscalos, russulas, lepistas, etc.

A segunda charla-coloquio tivo como eixo central a toxicidade das setas venenosas e os seus efectos no organismo humano. Agustín Álvarez, como xa fixera o día anterior, respondeu as preguntas de todos os asistentes.

As xornadas finalizaron cunha comida na que se degustaron empanada de niscalos e trompetas negras con gambas, risotto de trompeta negra, empanadillas de cantharellus con queixo, xabaril con setas e cachelos etc., un broche perfecto para un máis que positivo fin de semana micolóxico.

AGRADECEMENTOS
Desde aquí queremos agradecer un ano máis a colaboración do Concello de Toén e a inestimable axuda de Agustín Álvarez Álvarez experto coñecedor e divulgador do mundo dos fungos, e Sara Valdés Freijoso, a culpable de que todo saiba tan ben.

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web