A Biblioteca da Casa da Cultura, un valor descoñecido

Cando chegamos á directiva da Asociación de Veciños encontrámonos cun bo local destinado á biblioteca e mil libros aproximadamente. Entre estes había de todo: libros actuais e outros. Había tamén os estantes suficientes para albergar estes fondos e os libros estaban sen arquivar aínda que aceptablemente colocados e clasificados.

O primeiro que fixemos foi clasificar todos os libros para saber en cada momento qué fondos temos. Para iso acudimos ó programa MEIGA que é o que teñen todas as bibliotecas escolares e municipais de Galicia. En concreto servímonos da
adaptación que do mesmo fixeron no Instituto de Allariz. Isto permitirános no futuro xestionar a biblioteca incluíndo neso facer prestamos de libros.

Obtivemos máis fondos procedentes de doazóns como foron as feitas por Rego Nieto, por Ángel Fernández e outros. A todos eles lles damos as grazas en nome dos veciños de Moreiras. Con esas achegas na actualidade temos 2300 libros, todos eles debidamente clasificados. Pa- ra iso foi preciso dedicar moitas horas de traballo.

Qué necesitamos
Os estantes que tiñamos na biblioteca eran os xustos para os fondos que había. Procedentes de doazóns fomos adquirindo algúns máis que aínda están sen armar, tarefa esta para a que precisamos axuda.
Necesitamos tamén máis fondos, xa sexan libros que se encontren en bo estado, DVD…
Hai que ter en conta que non contamos con presuposto para a biblioteca e todo procede de voluntariado tanto de xente que poida atendela como de doazóns.

Tarefas pendentes
O máis urxente agora e poñer os estantes e colocar os libros nos mesmos. Feito isto procederemos á apertura ó público de Moreiras destas instalacións. Faráse durante unha ou dúas tardes á semana. A xente que vaia poderá consultar os fondos na biblioteca ou levalos en préstamo para a súa casa. Tamén poderá utilizar os ordenadores. Nós pensamos en ser útiles para o pobo, xa se trate de alumnos de primaria ou secundaria ós que se lles poden prestar libros de lectura que precisan no seu centro, ou se trate de calquera veciño que quere ler ou simplemente ver calquera libro ou consultar en internet calquera tema. Hai que ter en conta que temos moitos fondos de Arte ou Natureza que son libros máis para ver que para ler.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web