Bo Nadal

Asociación de Veciños, Agrupación Cultural Breogan, Asociación de Mulleres Rurais e Clube Deportivo Moreiras desenrrolarán durante as festas de Nadal una ampla programación de actividades que arranca o día 24 coa chegada de Papa Noel á Casa de Cultura o día 24 ás 18:00 horas.

O día 28 e turno para o fútbol, o campo de A Costoira acollerá un partido homenaxe a duas persoalidades que deixaron sua impronta no clube, Peixe e Pedro García.

O ano novo comeza con festa na Casa de Cultura. O catro Obradoiro de Cantos de Nadal, con Olga Kirk, e presentación do obradoiro de tradición oral.

O Reis Magos chegan o día cinco a Casa de Cultura, a eso das 18:00 horas. A mesma hora o día seguinte a Agrupación Cultural Breogán ofrecerá o tradicional Concerto de Reis.

As festas rematan coa caída da árbore o día 11 ás 21:30.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web