Falamos con Juan Canal, concelleiro de Anova e impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.
De ti parte a idea de crear unha iniciativa solidaria para axudar ás persoas máis desfavorecidas do Concello, ¿Por qué?
Hoxe estamos a vivir unha etapa de emerxencia social, recortes en servizos básicos como sanidade e educación, paro xuvenil por riba do 50%, impostos cada vez máis altos, desafiuzamentos, falan estudios internacionais da malnutrición infantil equiparándose a países coma Romanía, etc…, polo tanto é o momento da mobilización da sociedade, esta iniciativa non é máis que un reflexo do que a propia xente demanda, porque a política precisamente ten que atender as necesidades básicas das persoas, non as multinacionais da especulación e os poderes fácticos, que son os que actualmente dirixen as políticas dos estados, é o momento de que a xente tome o control e esta iniciativa vai nesa dirección, a sociedade como o motor do cambio fronte as políticas despiadadas dos mercados.
¿Cómo recibiron a túa proposta o grupo de goberno e demáis grupos políticos do Concello?
Ben, teño que dicir que o apoio foi total dende o plantexamento da iniciativa, cada un dos grupos aportaron as súas propostas de mellora e polo tanto teño que valorar positivamente a actitude dos grupos da corporación.
E os demáis participantes na iniciativa (Asociacións de Veciños, Protección Civil…)
Son os verdadeiros protagonistas desta idea, sen eles quedaría todo nunha mera proposta, salientar a colaboración, como ben mencionas, das asociacións veciñais do Concello, protección civil, a traballadora social, Olga, e Mariví, que é a que nos guía e a que está levando o peso da asociación, non me quero esquecer da labor levada a cabo polos veciños e veciñas de Trellerma co 1º Mercadiño solidario, o meu recoñecemento a todos eles.
¿Crees que Toén Solidario é unha iniciativa de longo percorrido?
Está nas nosas mans, eu desexo que si, que esta iniciativa debe manterse no tempo, cando xogas con un concepto como é a solidaridade, as posibilidades de éxito son grandes, polo tanto temos que implicar aos veciños e veciñas de Toén para que esta asociación se asente de xeito permanente, agora temos a base e sabemos que nos queda o máis difícil, pero poremos todo da nosa parte para que sexa unha asociación con un “longo percorrido”.
¿Os organismos públicos están a facer o suficiente neste ámbito?
Non, rotundamente non. O Goberno está interesado en desenterrar a beneficiencia do vello réxime, un exemplo e a difusión de programas de televisión na cadea pública que tratan de suplantar o labor que debería desempeñar a Administración. Se tiveran un pouco de sensibilidade neste tema, enfocaríano dende outra perspectiva e lamentablemente hoxe parece que están noutros intereses.
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.