Co financiamento da Consellería de Medio Rural, a Comunidade de Montes habilitou unha nova balsa de auga na zona das Lameiras, ó carón da que xa existía. Esta nova balsa, de algo máis de cen mil litros de capacidade, tenta cubrir parte das necesidades de auga que se manifestan cada vez que o lume ataca os nosos montes.
A proposta de instalación de bocas de rego presentada pola Comunidade de Montes o pasado mes de novembro no Concello de Toén, foi rexeitada por Patrimonio amparándose no plan de protección que afecta ó casco vello de Moreiras.
A Comunidade de Montes ten previsto levar a cabo labores de limpeza e reforestación nas zonas de As Erdas, Os Campos e na zona situada entre o campo de fútbol de A Costoira e a carretera de Moreiras a Trelle.
Vista a premura de Medio Rural por documentar a cesión dos terreos anexos ó espazo que ocupa o psiquiátrico, a Comunidade de Montes e a Dirección Provincial desta Consellería chegaron ó acordo de presentar unha proposta de clasificación para ditos terreos, e retirar a xa presentada, que contemplaba a clasificación de todo o comunal non clasificado.
A Comunidade de montes veciñais en man común Moreiras Trelle celebrou o pasado sábado día 19 unha asemblea extraordinaria na que se presentaron e debatiron os proxectos elaborados por a Xunta Directiva para este ano 2020. A participación superou con creces a de asembleas anteriores (exceptuando a do pasado mes de marzo) o que pon […]
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Moreiras-Trelle está a desenvolver un proxecto de instalación de bocas de rego en diferentes puntos de Moreiras e Trelle.
Por respeto a todos, si queres realizar calquera aproveitamento do monte comunal solicitao.
Como xa se anunciou durante a celebración da última Asemblea Xeral a Comunidade de Montes en Man Común Moreiras-Trelle denunciará a toda persoa que atope cortando leña no monte comunal sen permiso previo,
Por oito votos de diferencia, a Asemblea Extraordinaria da Comunidade de Montes en Man Común de Moreiras-Trelle, celebrada o pasado sábado, día 23 de novembro, decidiu non conceder o cambio de etiqueta que solicitaba o Sergas para ceder os terreos e instalacións do psiquiátrico a Aspanas Termal.
O sábado, día 23 de novembro, a Comunidade de Montes en man común Moreiras-Trelle celebrará unha nova asemblea para decidir cal será o futuro de dos terreos do psiquiátrico.
A pesares de que a prensa fala, de forma xeralizada, dun veto por parte dos comuneiros de Moreiras e Trelle á proposta do Sergas de ceder …
Presentámosvos o proxecto que Aspanas Termal propón para os terreos do psiquiátrico es que veñen avalados por o SERGAS.
Como a maioria de vos sabedes, a Xunta de Comuneiros critica a falta receptividade do Servizo Galego de Saude, que negociou a espaldas dos propietarios dos terreos e se negou en redondo a aceptar todas e cada unha das peticións dos comuneiros.
O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.