O sábado proclamáronse os gañadores de “Unha pequena historia” o I Premio de relato curto de Moreiras.
Jonatan Da Silva Vecino coa obra “Do beato Rudesindo” acadou o primeiro premio.
O fallo do I Premio de Relato Curto de Moreiras, previsto para o día 3 de setembro, trasládase, por causas de forza maior, ao día 24 de setembro. O xurado estará composto por Julia Bernaldo, Juana Canal, Lorenzo Sobrino, José Ángel Doñoro e Jesús Álvarez. Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
O día 9 de outubro celebraráse a IV Andaina de Moreiras, un evento deportivo no que cada ano contamos cun maior número de participantes. Na proba, organizada pola Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén, Protección Civil de Toén e Activa3. […]
A última semana de xuño celebraremos a primeira edición das Xornadas de Teatro na Rúa, unha actividade coa que a Asociación de Veciños pretende fomentar o gusto por as artes escénicas e convertir o teatro nunha ferramenta educativa.
“Unha vella aspiración”, así poderíamos definir o premio de relatos curtos que este ano convocamos por primeira vez e que pretendemos se convirta nun pilar básico da oferta cultural da Asociación.
O domingo, día 8 de novembro, pechouse a primeira edición das Xornadas Micolóxicas de Moreiras, unha actividade coa que a Asociación de Veciños pretendía dar a coñecer a riqueza micolóxica que esconden os nosos bosques e facilitar consellos prácticos para a identificación dos diferentes tipos de cogomelos. Durante as xornadas, que estiveron marcadas polas boas condicións meteorolóxicas, […]
As escuras predicións meteorolóxicas non impedirons que máis de duascentas cincuenta persoas se deran cita na Casa da Cultura de Moreiras o domingo, día 11 de outubro, para participar na terceira edición da Andaina de Moreiras. Ao final o tempo permitiu que os participantes gozasen da proba sen necesidade de sacar os paraugas e cunha […]
Poucas cousas hai tan características do outono como os cogomelos, alimento rodeado de misticismo e tradición que sempre fai as delicias do comensal a través dos sabores máis naturais. Isto, unido a afección existente no pobo polo apaixonante mundo dos cogomelos, levou a Asociación de Veciños de Moreiras a programar para o próximos días 6, […]
Durante os últimos anos a nosa andaina deu a coñecer o pobo de Moreiras a moita xente polo que, no seu momento, plantexámonos a posibilidade de transformala nun PRG. Isto quere dicir que será una ruta que permanecerá marcada indefinidamente e en consecuencia calquera poderá facela cando lle apeteza.
O sábado. día 20 de xuño, e coincidindo co inicio da Festa de Moreiras, celebraremos no baixo da Casa da Cultura a Festa de San Xoán, coa xa tradicional sardiñada. O menú inclúe sardiñas, empanada, pan, viño postres e licores. O prezo das entradas é oito euros, podendo adquirirse estas nos lugares de costume: Cantiño, […]
Ano tras ano, o campo da festa quédase pequeno para dar cabida aos participantes na Xuntanza de Coches Clásicos de Moreiras, unha iniciativa que naceu como un reto e que o paso do tempo acabou por converter nunha cita obrigada para os amantes do mundo do motor en xeral e dos coches clásicos en particular. […]
Coa celebración da terceira Xuntanza Motera, o sábado día vinte arrancarán as Festas de Moreiras.
Será unha tarde chea de actividades xa que ós concertos de Travesía Peligrosa, 3 Dogs e Pacho Brea hai que sumarlle a celebración da xa tradicioal Festa de San Xoán.
O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.