Comunicado acerca da situación do parque infantil

Á vista do balbordo que se xerou coa situación do parque infantil creo necesario aclarar unha serie de puntos acerca do acaecido co fin de evitar malos entendidos e versións contradictorias dos feitos.

En primeiro lugar cabería lembrar que cada un dos membros que conforman a Xunta Directiva fano de forma “desinteresada” e que algúns deles levan case oito anos achegando o seu gran de area para evitar que a Asociación volva á situación na que se atopaba no ano 2013. Creo que quen máis, quen menos coñece a historia.

É ese carácter, totalmente voluntario e desinteresado,  o que nos permite afrontar retos tan importantes como dispor da unica biblioteca pública do concello, un servizo ó alcance de moi poucas asociacións  no ámbito autonómico e nacional.  Pero por contrapartida,  ese mesmo carácter fai que en momentos determinados non podamos actuar coa eficacia e dilixencia dunha  organización profesional.  É aí cando xorde a verdadeira natureza da Asociación, cando os veciños aportan, na medida das súas posibilidades, a sua media dose de solución por cada dose de problema. 

Efectivamente, foi unha veciña a que o pasado mes de setembro me comunicou a súa inquedanza polo estado no que se atopaba o parque infantil, estado íntimamente relacionado coa situación xerada pola COVID-19 que fixo que, durante un tempo, o campo da festa se convertese nun centro de reunión xuvenil. É un feito constatable, nunca até agora se limpara o parque infantil tantas veces en tan pouco tempo, pero sí, a situación requiría unha nova limpeza.

Ese mesmo día trasladouse o requirimento para a súa resolución, sen recibir desde entón e até agora  queixa algunha respecto ao estado das instalacións. Á vista das imaxes está claro que ningunha das partes implicadas na solución do problema estivo á altura das circunstancias, pero sinceramente creo que do mesmo xeito que usamos canles alternativos para facer solicitudes ós membros da Asociación, podemos utilizalos para recordarlles os seus compromisos, sin necesidade de darlle ó tema máis notoriedade da que xa ten.

En calquera caso, no meu nome e no da Asociación de Veciños pido desculpas polas molestias e a imaxe transmitida e pómonos máns a obra para solucionar este problema canto antes.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web