Curso de iniciación á informática

Unha das actividades programadas por a Asociación de Veciños de Moreiras para este ano 2014 é a celebración dun curso de iniciación á informatica para adultos. Nel os participantes familiarizaranse co ordenador e coa informática en xeral, permitindo ademais que se adquiran as habilidades necesarias no manexo das ferramentas informáticas.

Tamén aprenderán a entender os conceptos básicos de Internet, así como acceder de forma eficaz á información da web utilizando o navegador, empregando os buscadores máis populares. Crear e acceder á conta de correo electrónico.

Programa (30 horas)
INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
Os elementos básicos e primeiros pasos
Manexar as xanelas de Windows
O teclado e as súas posibilidades
Os ficheiros
Explorando Windows
Os primeiros pasos para conectarse a Internet
Navegar por Internet

INICIACIÓN A INTERNET
Navegadores
Como chegar a unha páxina web
As direccións web, partes
Como escribir a dirección e chegar á páxina
Outras maneiras de chegar ás páxinas web
Como navegar e ir dunha páxina a outra
Que son as ligazóns
Como saber onde hai unha ligazón

O CORREO ELECTRÓNICO
Que é o correo electrónico
Como crear unha dirección de correo electrónico
Como acceder á miña conta de correo

FACEBOOK  E  TWITTER
Obxectivo
Aprender e desenvolverse nas redes sociais Facebook e Twitter.
O/a alumno/a deseñará e xestionará o seu propio perfil.

INSCRIPCIÓN
A inscrición poderáse realizar entre o día 8 de xullo ó 15 de agosto, ou até cubrir prazas en:

  • Concello de Toén
  • Teléfono 678 22 62 42
  • Casa de Cultura de Moreiras (Martes e xoves de 10:00 a 13:00 horas)

O prezo da inscrición é de 20 €.

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio