“Unha vella aspiración”, así poderíamos definir o premio de relatos curtos que este ano convocamos por primeira vez e que pretendemos se convirta nun pilar básico da oferta cultural da Asociación.
BASES
«Unha pequena historia»
I Premio de relato curto de Moreiras (Ourense)
CONVOCATORIA DO PREMIO DE RELATO CURTO «UNHA PEQUENA HISTORIA» MOREIRAS 2016
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MOREIRAS convoca O PREMIO DE RELATO CURTO «UNHA PEQUENA HISTORIA» de acordo coas seguintes bases:
BASES
1. Poderán participar nesta primeira edición todas as persoas maiores de 18 anos que acheguen un relato curto propio, inédito, escrito en GALEGO e non presentado co mesmo ou outro título a ningún outro certame pendente de resolución.
2. A extensión máxima dos orixinais será de 3 folios DIN-A4 mecanografiados a unha soa cara, interlineado dobre e cun tamaño mínimo de fonte de 12 puntos. Admitirase exclusivamente unha obra por participante.
3. Os traballos presentaranse cun pseudónimo nun sobre pechado dentro do cal irá outro sobre que conterá dentro o nome e apelidos do autor así como a súa dirección completa e o número de teléfono. Tanto na portada dos traballos como no exterior de sóbrelos figurará: Premio relato curto «Unha pequena historia». Moreiras 2016
4. Os traballos remitiranse por correo certificado e por triplicado á seguinte dirección:
Casa da Cultura de Moreiras
Alcantre s/n.
Moreiras
32.920 Toén – Ourense
5. Para calquera aclaración, os interesados poderán dirixirse ao teléfono 678 226 242
6. A presentación poderá realizarse até o día 30 de xuño de 2016, inclusive.
7. O fallo do concurso, que será inapelable, farase público o día 3 de setembro. Ese mesmo día darase a coñecer a composición do xurado
8. Todos os participantes autorizan á Asociación de Veciños de Moreiras a utilización dos relatos citando ao autor ou autora dos mesmos.
9. Os premios, que están, suxeitos a fiscalidade española, serán os seguintes:
-Primeiro premio: 600 euros.
-Segundo premio: 300 euros.
10. A Asociación de Veciños non devolverá os orixinais non premiados.
11. O concursante polo feito de participar acepta estas bases así como o fallo do xurado.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.