Poucas cousas hai tan características do outono como os cogomelos, alimento rodeado de misticismo e tradición que sempre fai as delicias do comensal a través dos sabores máis naturais. Isto, unido a afección existente no pobo polo apaixonante mundo dos cogomelos, levou a Asociación de Veciños de Moreiras a programar para o próximos días 6, 7 e 8 de outubro a primeira edición das Xornadas Micolóxicas de Moreiras, unha actividade coa que pretendemos pór en valor a riqueza micolóxica da zona e que contará con diversas actividades.
VENRES 6
19:45 Entrega de credenciais e designación da ruta.
20:00 Inauguración das Xornadas.
20:30 Exposición de cogomelos.
20:45 Aperitivo.
SÁBADO 7
10:00 Saída por grupos ás diferentes rutas organizadas (recolección de cogomelos). (Necesaria acreditación)
14:00 Comida colectiva. (Necesaria acreditación)
18:30 Charla/Coloquio.
20:30 Degustación de tapas elaboradas con cogomelos. (Necesaria acreditación)
DOMINGO 8
12:00 Charla/coloquio.
13:00 Aperitivo.
13:30 Clausura.
Prezo 20 euros por persoa. Da dereito a asistir a todalas actividades.
Inscrición na Casa de Cultura martes e xoves de 17:00 a 19:00 horas, no Concello de Toén e no Banco de Sabadell Cta. ES98 0081 2167 8800 0600 6511 enviando xustificante do ingreso e nome e apelidos a xmicoloxicas@moreiras.org
Prazo de inscrición: Até o día 4 de novembro ou até acadar o número máximo de participantes.
Os horarios son orientativos
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.