Construída no século XVIII, a igrexa de San Pedro de Moreiras destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Trátase dunha igrexa rural de ámplias dimensións que presenta planta de cruz latina. A nave central e o transepto comparten a mesma altura mentres que o cruceiro é significativamente máis alto. No seu muro sur conserva restos románicos (sillares e aspilleiras) O pórtico divídese en duas partes. A inferior está presidida por unha porta adintelada acompañada por dous pares de columnas exentas con fuste liso. Na superior podemos contemplar a figura de San Pedro cun libro na man esquerda e as chaves na dereita. Sobre el dous anxos portando a mitra papal e aos seus flancos outros dous anxos, un barco, unha galiña e diversos motivos vexetais. Dous novos pares de columnas exentas flanquean a imaxe.
No interior destaca o retablo gótico con pezas de imaxinaría de gran valor artístico. O altar maior do século XVI está presidido po unha imaxe da Purísima.
Poden interesarche:
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.