Poucas cousas hai tan características do outono como os cogomelos, alimento rodeado de misticismo e tradición que sempre fai as delicias do comensal a través dos sabores máis naturais. Isto, unido a afección existente no noso pobo polo apaixonante mundo dos cogomelos, levou a Asociación de Veciños de Moreiras a celebrar, fai agora un ano, as primeiras Xornadas Micolóxicas de Moreiras, unha actividade coa que pretendiamos pór en valor a riqueza micolóxica da zona.
O éxito desa primeira edición animounos a seguir adiante con este proxecto e, así, os días 25 e 26 de novembro celebraremos as II Xornadas Micolóxicas de Moreiras.
PROGRAMA
VENRES 25
18:00 h. Inauguración exposición fotográfica
20.00 h. Apertura das xornadas
20:15 h. Charla coloquio.
21:00 h. AperitivoSÁBADO 26
10:00 h. Saída micolóxica
13:00 h. Clasificación das setas recollidas
14:00 h. Comida
18:00 h. Charla coloquio
19:00 h. Peche das Xornadas
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.