IV Andaina de Moreiras

O día 9 de outubro celebraráse a IV Andaina de Moreiras, un evento deportivo no que cada ano contamos cun maior número de participantes. Na proba, organizada pola Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén, Protección Civil de Toén e Activa3.

Nesta cuarta Andaina seguiremos o itinerario do PR-G 186, que ten lixeiras variantes cos itinerarios de anos anteriores, transcurrindo por lugares que, os que participedes por primeira vez, non podíades imaxinar que houbera por aquí, tanto polas formacions xeolóxicas que poderedes contemplar como polo tipo de bosque, espeso e sombrío nuns casos e sempre variado. Sairemos de Moreiras onde poderedes contemplar a súa igrexa e arquitectura popular. Pasaremos por Mugares onde destacan a súa igrexa do século XVI, a casa reitoral, a fonte medieval e un pombal espectacular. Continuaremos por Fondón, Toén, Trellerma e Trelle para rematar de novo en Moreiras.

 

DATOS TÉCNICOS

DATA
9 de outubro de 2016

ENTREGA DE DORSAIS
8:15 horas na Casa de Cultura de Moreiras

SAÍDA
9:00 Horas – Casa de Cultura de Moreiras

PERCORRIDO
Un circuito principal de 26,5 quilómetros que, con saídas ós 14 e 21, percorre Moreiras, Mugares, Fondón, Toén, Trellerma e Trelle.

DIFICULTADE
Media/Alta

NÚMERO MÁXIMO DE PARTICIPANTES
300

INSCRICIÓN –
Redonet
Concello de Toén
Casa de Cultura (Martes/Xoves de 17:00 a 19:00)
BANCO DE SABADELL. Conta ES98 0081 2167 8800 0600 6511. Enviarase copia do ingreso e do D.N.I a andaina@moreiras.org
Prazo inscrición: Até o día 6 de outubro as 14:00 h.
Prezo: 10 €. Inclúe a participación na comida que se celebrará despois da proba.

ORGANIZA:
Asociación de Veciños de Moreiras

 

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web