More Classics 2011 – Concentración de Coches Clásicos

O programa de Festas de Moreiras 2011 inclúe a celebración da primeira edición de More Classics, unha concentración de automóbiles clásicos na que participarán pilotos procedentes de diferentes puntos da provincia, moitos deles habituais nos rallies de históricos, e que contará coa presenza de José Ignacio García “Casla” e o seu Porsche 911 RS, único histórico participante no recente Rally de Ourense.

Segundo os seus organizadores More Classics pretende converterse nunha cita habitual para os amantes dos automóbiles históricos, sexa ou non formando parte do programa de festas de Moreiras

Os pilotos chegarán ao Campo da Festa de Moreiras entre as 11:00 e 12 horas para, posteriormente, tomar rumbo cara ao colexio de Toén lugar no que se reunirán para regresar a Moreiras percorrendo a Pista da Antena, estrada de Fondón e estrada de Mugares-Moreiras.

Entre as 13:00 e 14:00 horas os coches permanecerán expostos novamente no Campo da Festa de Moreiras.

 

LISTA DE INSCRITOS

  1. RICHARD ESCORT RS2000
  2. JAVI ZAPATILLAS MINI MANGALLO EDITION Nº 002
  3. MIGUEL SPIDERMAN ALFA ROMEO SPIDER
  4. MIGUEL A. EXPÓSITO BMW 2002
  5. LUIS MIGUEL LM MINI
  6. KANU PULIDO BMW 2002
  7. JAVIER TRIUMPH TR7 CONVERTIBLE
  8. ROBERTO DIEGUEZ TALBOT MATRA MURENA
  9. CARLOS MOURE MINI
  10. CASLA PORSCHE RS
  11. MARCOS MARVIC MINI COOPER
  12. FERNANDO DURÁN AUSTIN MINI COOPER
  13. VICTOR CARBALLO PORSCHE CARRERA
  14. JORGEPVC BMW 2002
  15. ALEJANDRO LIEBANA 124 SPIDER ABARTH
  16. JORGE DIEZ 131
  17. CHIQUI GUTIERREZ AUSTIN MINI 850
  18. VARATANEN BMW 3.0 SI
  19. YAGO LORENZO SIMCA 1200 TI
  20. DAVID MGAS VW GOLF GTI MKI
  21. BORJA/FRANCISCO MAZDA 818
  22. GUILLERMO LOPEZ R8 TS
  23. JOSE MANUEL MOSQUERA SEAT 124
  24. MARCOS PÉREZ FORD FIESTA MKI
  25. JOSE L. GLEZ. MINI CABRIO
  26. OSCAR GIL RENAULT 5 COPA TURBO
  27. MARIO GONZÁLEZ SEAT 600D
  28. MAURO LOUZAO VW BEETLE 1300
  29. HUGO VILAS SEAT 1430

Colabora: Turismo y Ocio en Ourense

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web