Preparados, listos …… XA!

O xoves día 12 de outubro celebraremos a quinta edición da Andaina de Moreiras, unha actividade saudable na que lecer, deporte e gastronomía mestúranse dando como resultado unha xornada festiva na que participan andaríns de moitos puntos de Galicia e mesmo algúns de fóra da nosa comunidade.

A Andaina, que celebrou a súa primeira edición no ano 2013, segue o itinerario do recentemente inaugurado PR-G 186 que a súa vez comparte moitos segmentos do trazado de anteriores edicións da andaina. O seu percorrido está profusamente decorado, destacando tanto polas formacións xeolóxicas que se poden contemplar como polo tipo de bosque, espeso e sombrío nuns casos e sempre variado.

A proba partirá a iso do nove da mañá da Casa da Cultura de Moreiras, onde previamente se fará entrega aos participantes dos correspondentes dorsais. En Moreiras os andaríns poderán contemplar a súa igrexa e arquitectura popular.

De camiño a Mugares atopamos o tramo máis esixente do trazado, a baixada as Adegas de San Vicenzo e Subida a Capela das Angustias. Destacamos del as curiosas formacións xeolóxicas – o penedo dos Namorados, o miradoiro e penedos da Granxa, o miradoiro e castro de Coto Louredo – e restos das adegas de San Vicenzo.

Xa en Mugares cabe apuntar a igrexa do século XVI, a Casa reitoral, a fonte medieval e un pombal espectacular. Continuaremos por Fondón, Toén, Trellerma e Trelle para finalizar de novo en Moreiras.
En total serán 27 quilómetros para os que decidan pola ruta principal e 14 ou 21 para os que tomen as saidas alternativas.

Ao rematar a proba os andaríns difrutarán dunha máis que merecida comida de confraternización na Casa da Cultura de Moreiras.

Na proba, organizada pola Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras e a Comunidade de Montes en man Común Moreiras-Trelle, colaboran, como en anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén, Protección Civil de Toén e Activa3.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web