Roteiro de Xeocaching de Moreiras
Roteiro de Xeocaching de Moreiras
Roteiro de Xeocaching de Moreiras
Roteiro de Xeocaching de Moreiras

Coa posta en marcha do Roteiro de Xeocaching de Moreiras, pretendemos achegar esta actividade ós veciños do noso pobo e ofrecer ós seus visitantes novas alternativas de ocio activo.
O Roteiro, que contará cun total de 12 cachés, estará ambientado nunha adaptación e secuela do relato “Do Beato Rudesindo Sabucedo”, obra gañadora do I Premio de Relato Curto de Moreiras, polo que para atopar algúns dos tesouros haberá que resolver máis dun enigma relacionado coa obra.

QUÉ É O XEOCACHING
O xeocaching é un xogo practicado por máis de seis millóns de persoas en todo o mundo. Nel, os particiantes procuran tesouros ó aire libre utilizando dispositivos GPS.

Os tesouros, coñecidos como cachés ou xeocachés, están habitualmente situados ó carón de lugares que teñen algún tipo de interese histórico, xeográfico ou cultural e a súa ficha adoita conter unha referencia ós mesmos.

Trátase dunha actividade excelente para disfrutar en familia xa que, os máis cativos poden aprender sobre a natureza, xeografía ou historia do lugar visitado mentres disfrutan inmersos no xogo da procura do tesouro.
Tamén é unha motivación adicional para os que disfrutan cos percorridos pola natureza e o turismo activo.

OS TESOUROS
Xeralmente os buscadores de tesouros – tamén chamados xeocachers – diríxense a unhas coordenadas GPS concretas e tratan de atopar o tesouro oculto nesa localización. En outras ocasións os xeocachers seguen pistas en lugar de coordenadas.
Sexa como sexa, os tesouros varían moito en aspecto. e dimensións. Sobre o terreo podemos atopar desde unha pedra falsa cun compartimento oculto até recipientes de plástico de diferentes tamaños.
Os xeocachés tamén poden conter artículos para intercambio pero a maior recompensa adoita ser a aventura de atopalos.

TIPO DE OBXECTOS
Dentro dun xeocaché podemos atopar multitude de obxectos que separaremos en varias categorías:

Obxectos coleccionables
artóns persoais (IDE Cards) ou tamén chamados “Signature Items”.
Son obxectos que nos identifican como xeocachers e que se adoitan deixar para dicir: “Estiven aquí”. Podes deixar un obxecto a cambio ou non.

Obxectos para intercambio puro.
Se colles un destes, deixa outro de similar valor. Poden ser xoguetes, ferramentas, bixutaría, útiles, etc…

Obxectos rastrexables.
No xeocaching hai obxectos que están concibidos expresamente para ser viaxeiros. Estes obxectos levan un código de rexistro que se poderá usar na web de geocaching para notificar que o atopaches nun caché, que o levas ou que o deixaches noutro distinto.
Este tipo de obxectos non se consideran obxectos de intercambio, polo que podes deixar e coller cuantos queiras sen necesidade de deixar nada a cambio. Iso si, respecta o seu labor e non os colecciones.
Que sigan o seu camiño.

COLLER E DEIXAR OBXECTOS
Dentro de cada caché atoparemos, como mínimo, un libro de rexistro para asinar. Nos cachés de maior tamaño podemos atopar obxectos para intercambiar: figuras, chapas, canicas, xogos, etc.
Unha das regras básicas do intercambios é:

“Se queres coller algo dun caché, deixa
algo no seu lugar de igual ou maior valor”.

Desafortunadamente isto non sempre ocorre, pero habemos de pór da nosa parte para que o intercambio sexa ético.

CONSELLOS
Algúns exemplos de artigos adecuados para intercambiar nun cache son canicas, chaveiros, adhesivos, chapas, en xeral obxectos sen moito valor.

A maioría dos caches teñen escrito neles “Xeocache oficial”; se o que atopas non o ten, talvez só sexa unha caixa esquecida no campo.

Un erro común dos novatos en xeocaching é querer seguir a ruta exacta que marca o GPS: debes usar os teus sentidos para orientarte na paisaxe e pensar nas mellores rutas para seguir adiante.

Lembra que ao volver esconder o cache debe estar a salvo da deterioración por elementos: Se xa está danado comunícanolo.

Minimiza o teu impacto ambiental: non invadas zonas delicadas e recolle sempre o lixo, aínda que non sexa teu. Esta ética de “trash out, cache in” forma parte da experiencia. Desde a súa creación milleiros de usuarios ó redor do mundo sumáronse a esta iniciativa ambiental sostida pola comunidade de xeocaching.

Se realizas só a actividade, asegúrate de dicirlle a alguén onde vas e cando pensas regresar.

Presta atención á túa contorna. Ser consciente de onde estás a camiñar non só garante a túa seguridade persoal, senón tamén o respecto ao medio ambiente.

Contactar por e-mail Conta da Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Conta da Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss