A miña aldea

Valentín Lamas Carvajal, coñecido como O Homero Galego tras quedar cego, narrou e cantou por medio dos seus poemas e da súa prosa, a odisea social e política das vidas e a realidade dos paisanos e aldeáns galegos do seu tempo, vidas cheas de miseria, fame, traballos, inxustizas, padecimientos físicos e sufrimentos morais.

Parece ser que o bo Valentín tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire, dous amigos aos que visitaba con frecuencia e grazas aos cales mantivo unha estreita relación co noso pobo. Tanto foi así que unha das súas obras “Espiñas Follas e Frores“, recolle un poema adicado a él.

 

A miña aldea

Preto d’os Castros de Trelle,
n’unha frorida ribeira
onde moitas clás de frutos
e d’ álbores vexetan,
erguense as humildes chouzas
de San Pedro de Moreiras;
probe aldeíña onde teño
as miñas grorias d’a terra,
o nido d’os meus amores,
os recordos que m’alentan;
n’ela vin a lus d’o dia
e pol-a noite as estrelas;
alí pensando n’o ceo
vertin as vágoas primeiras;
alí miña nai amante
arrulóume satisfeita
o son queixumbroso e brando
c’as cantiguiñas galegas;
alí, no seu Camposanto
onde debaixo d’as erbas
dormen ó sono d’a morte
as miñas amadas prendas,
¡Cantas veces eu rezaba
pensando choroso n’elas!
Alí non hay fror nin monte
que nos meus sonos non vexa,
nin souto que non conoza,
nin camiño que non seipa;
inda escoito o son doorido
das catro campás d’a eirexa,
cal si falando viñesen
a contarme tristes queixas.
¡Ay probe aldea…, aldeiña
de San Pedro de Moreiras,
cantos sospiros me costas
e cantos ayes me levas!…

Así decia un coitado
galeguiño, alá n’América,
cando morto de soedades
pensaba n`a sua Aldea,
¡Ay! os probiños gallegos
moito queren á sua terra…
e van morrer sin consolo
sempre lonxe… lonxe d’ela!!

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio