Actividades

Fiel a súa cita, a andaina foi a protagonista do día de onte en Moreiras. O venres espertou nubrado aínda que as previsións non auguraban unha xornada revolta no que a meteoroloxía se refire. O número de inscritos, a pesares da ponte do Pilar, superou amplamente os douscentos, todo un éxito tendo en conta as […]

O día 12 de outubro celebrarase a sexta edición da andaina de Moreiras. ENTREGA DE DORSAIS 8.15 horas – Casa da Cultura de Moreiras PERCORRIDO Un circuito principal de 27 quilómetros con circuitos alternativos de 14 e 21 quilómetros. DIFICULTADE Media-Alta Nº MÁXIMO DE PARTICIPANTES 300 INSCRICIÓN REDONET Ervedelo 21 – Ourense CASA DA CULTURA […]

O xoves día 12 de outubro celebraremos a quinta edición da Andaina de Moreiras, unha actividade saudable na que lecer, deporte e gastronomía mestúranse dando como resultado unha xornada festiva na que participan andaríns de moitos puntos de Galicia e mesmo algúns de fóra da nosa comunidade. A Andaina, que celebrou a súa primeira edición […]

O pasado fin de semán, tal e como estaba previsto, celebráronse as segundas Xornadas Micolóxicas de Moreiras. Organizadas pola Asociación de Veciños de Moreiras, coa colaboración do Concello de Toén, as xornadas, nas que participaron arredor dunha trintena de persoas, comezaron ás seis da tarde do venres coa inauguración da exposición fotográfica “O marabilloso mundo […]

Poucas cousas hai tan características do outono como os cogomelos, alimento rodeado de misticismo e tradición que sempre fai as delicias do comensal a través dos sabores máis naturais. Isto, unido a afección existente no noso pobo polo apaixonante mundo dos cogomelos, levou a Asociación de Veciños de Moreiras a celebrar, fai agora un ano, […]

O día 9 de outubro celebraráse a IV Andaina de Moreiras, un evento deportivo no que cada ano contamos cun maior número de participantes. Na proba, organizada pola Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén, Protección Civil de Toén e Activa3. […]

A última semana de xuño celebraremos a primeira edición das Xornadas de Teatro na Rúa, unha actividade coa que a Asociación de Veciños pretende fomentar o gusto por as artes escénicas e convertir o teatro nunha ferramenta educativa.

“Unha vella aspiración”, así poderíamos definir o premio de relatos curtos que este ano convocamos por primeira vez e que pretendemos se convirta nun pilar básico da oferta cultural da Asociación.

O domingo, día 8 de novembro, pechouse a primeira edición das  Xornadas Micolóxicas de Moreiras, unha actividade coa que a Asociación de Veciños pretendía dar a coñecer a riqueza micolóxica que esconden os nosos bosques e facilitar consellos prácticos para a identificación dos diferentes tipos de cogomelos. Durante as xornadas, que estiveron marcadas polas boas condicións meteorolóxicas, […]

As escuras predicións meteorolóxicas non impedirons que máis de duascentas cincuenta persoas se deran cita na Casa da Cultura de Moreiras o domingo, día 11 de outubro, para participar na terceira edición da Andaina de Moreiras. Ao final o tempo permitiu que os participantes gozasen da proba sen necesidade de sacar os paraugas e cunha […]

Poucas cousas hai tan características do outono como os cogomelos, alimento rodeado de misticismo e tradición que sempre fai as delicias do comensal a través dos sabores máis naturais. Isto, unido a afección existente no pobo polo apaixonante mundo dos cogomelos, levou a Asociación de Veciños de Moreiras a programar para o próximos días 6, […]

Durante os últimos anos a nosa andaina deu a coñecer o pobo de Moreiras a moita xente polo que, no seu momento, plantexámonos a posibilidade de transformala nun PRG. Isto quere dicir que será una ruta que permanecerá marcada indefinidamente e en consecuencia calquera poderá facela cando lle apeteza.

Agardamos as túas suxestións

O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra 

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio