O sábado. día 20 de xuño, e coincidindo co inicio da Festa de Moreiras, celebraremos no baixo da Casa da Cultura a Festa de San Xoán, coa xa tradicional sardiñada. O menú inclúe sardiñas, empanada, pan, viño postres e licores. O prezo das entradas é oito euros, podendo adquirirse estas nos lugares de costume: Cantiño, […]
Ano tras ano, o campo da festa quédase pequeno para dar cabida aos participantes na Xuntanza de Coches Clásicos de Moreiras, unha iniciativa que naceu como un reto e que o paso do tempo acabou por converter nunha cita obrigada para os amantes do mundo do motor en xeral e dos coches clásicos en particular. […]
Coa celebración da terceira Xuntanza Motera, o sábado día vinte arrancarán as Festas de Moreiras.
Será unha tarde chea de actividades xa que ós concertos de Travesía Peligrosa, 3 Dogs e Pacho Brea hai que sumarlle a celebración da xa tradicioal Festa de San Xoán.
Despois do éxito obtido nas duas edicións anteriores, e facendo bo o dito “non hai duas sen tres” o día 11 de outubro celebrarase a terceira edición da Andaina de Moreiras. Na proba, organizada por a Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello […]
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o día 25 de novembro, o mércores 12 de novembro as 19:30 horas a Compañía Trécola Teatro porá en escena no salón de actos da Casa de Cultura de Moreiras a obra Campo de acción. O mundo occidental ten un ritmo de […]
A través dos anos a paisaxe de Moreiras foi mudando até convertirse no que hoxe coñecemos. Algúns lugares transformáronse mentras que outros desapareceron e só quedan no recordo….
As persoas que fixeron posible esta transformación, crearon unha identidade singular que define a Moreiras como pobo. Moitas delas xa non están con nos, pero a sua impronta perdura na memoria colectiva dos veciños e veciñas.
O domingo, día cinco de outubro, celebrouse a segunda edición da Andaina de Moreiras. Máis de duascentas oitenta persoas partiron da Casa de Cultura ás 9:30 horas para percorrer os 14, 21 ou 27 quilómetros que conformaban os tres circuitos postos a disposición dos participantes. A climatoloxía puxo todo da sua parte para que os […]
Visto o éxito de participación da pasada edición da andaina e tendo en conta que este ano a proba celebrase en domingo ¿qué expectativas tes neste apartado? Creo que a participación vai igualar cando menos á do ano anterior. Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben. […]
O día 5 de outubro celebrarase a II Edición da Andaina de Moreiras, un evento que arrancou o pasado ano deixando, en xeral, bo sabor de boca a todos os vecinos do pobo e particularmente ós que formamos parte da Asociación de Veciños, entidade organizadora da proba. Pouco ten que ver o percorrido desta segunda […]
“Os sons do vento” é o titulo do concerto de fados cantados en galego que, o día 16 de agosto ás 20:30 horas, Gonçalo Guerreiro dará na praza de Moreiras. As cantigas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto aos mozos como aos maiores.
Organizada por a Asociación de Veciños de Moreiras, e coa colaboración do Concello de Toén, o día 5 de outubro celebrarase a segunda edición da Andaina de Moreiras.
A proba, de dificultade media, ofrecerá ós andaríns a posibilidade de percorrer 13, 20 ou 25 quilómetros visitando Mugares, Fondón, Toén, Trellerma, Trelle para finalizar en Moreiras.
Dentro do Programa de Apoio á familia da comarca de Ourense, a Casa de Cultura de Moreiras acollerá os meses de marzo e abril unha serie de charlas e obradoiros socioeducativos de orientación familiar.
O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.