Concerto de Gonçalo Guerreiro na Praza de Moreiras

“Os sons do vento” é o titulo do concerto de fados cantados en galego que, o día 16 de agosto ás 21:00 horas, Gonçalo Guerreiro dará na praza de Moreiras. As cantigas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto aos mozos como aos maiores.

O espectáculo vese enriquecido pola participación dixital e musical de Dani Pais que dende o seu ordenador engade atmósferas sonoras e sedutores xogos de iluminación. O espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á musica tradicional, sen nunca deixar de ser Fado.

 

FalaRedes

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade Os sons do vento que pasa, que comenzou en xuño a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

A iniciativa de fomento do galego inclúe este ano 150 sesións lúdicas a través dun total de cinco actividades que buscan promover o uso e a valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

Desde que botou a andar en marzo, a terceira edición do FalaRedes xa puxo en marcha tres propostas dirixidas ao público infantil e familiar -o concerto Toc Toc, a obra de teatro As fabas máxicas e o concurso Os Bolechas e o Sabichón. Agora, con Os sons do vento que pasa presenta un concerto de fados en galego para público de todas as idades, boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio