A través dos anos a paisaxe de Moreiras foi mudando até convertirse no que hoxe coñecemos. Algúns lugares transformáronse mentras que outros desapareceron e só quedan no recordo….
As persoas que fixeron posible esta transformación, crearon unha identidade singular que define a Moreiras como pobo. Moitas delas xa non están con nos, pero a sua impronta perdura na memoria colectiva dos veciños e veciñas.
A Asociación de Veciños vén de por en marcha a iniciativa “A Nosa Identidade” un proxecto co que se pretende preservar a memoria fotográfica de Moreiras para reforzar a identidade do noso pobo.
A celebración dunha exposición fotográfica na Casa da Cultura, a difusión periódica de instantáneas en diferentes medios sociais e a creación dun arquivo fotográfico centran o arranque de “A Nosa Identidade”, unha actividade aberta a participación de todos os veciños e veciñas de Moreiras.
Sabemos que a xente de Moreiras garda moitas fotografías antigas e outras máis recentes, a nosa intención é dixitalizalas para evitar que se perdan ou deterioren, e crear un arquivo na Casa de Cultura que cumpra coa función social de preservar a identidade do noso pobo.
As portas da Casa de Cultura estarán abertas os martes e xoves de 10:00 a 13:00 horas para que aquelas persoas que desexen achegar imaxes poidan facelo sen ter que desprenderse dos orixinais, e coa garantía de que só serán expostas aquelas fotos que o doante considere oportuno.
A través de Facebook podedes seguir a publicación de imaxes na páxina “A mi también me gusta Moreiras”.
Esperamos contar coa vosa colaboración para que este proxecto sexa un éxito.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.