Dentro do Programa de Apoio á familia da comarca de Ourense, a Casa de Cultura de Moreiras acollerá os meses de marzo e abril unha serie de charlas e obradoiros socioeducativos de orientación familiar.
O Programa de Apoio á familia da comarca de Ourense dará comenzo o día 20 de marzo coa charla As normas, os límites e unha educación positiva para a infancia que se celebrará entre ás 18:30 é 20:30 horas.
Os días 25 de marzo e 1 e 8 de abril, de 16:30 e 19:30 horas, celebrarase o obradoiro Hábitos de vida saudable para unha vida máis saudable e feliz.
As persoas interesadas en participar poden presentar súa solicitude nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello de Toén.