O domingo, día 8 de novembro, pechouse a primeira edición das Xornadas Micolóxicas de Moreiras, unha actividade coa que a Asociación de Veciños pretendía dar a coñecer a riqueza micolóxica que esconden os nosos bosques e facilitar consellos prácticos para a identificación dos diferentes tipos de cogomelos.
Durante as xornadas, que estiveron marcadas polas boas condicións meteorolóxicas, celebráronse diferentes actividades: charlas-coloquio, saída micolóxica, degustación de tapas elaboradas con cogomelos, exposición de cogomelos tóxicos, venenosos e comestibles, unha comida colectiva, etc.
Desde a Asociación de Veciños queremos agradecer a todolos participantes a súa asistencia e o interés demostrado nestas primeiras Xornadas Micolóxicas. Tamén queremos agradecer a axuda desinteresada de Sara, sen ela o sabor destas Xornadas non habería de ser o mesmo; de Juana e José Luis, sempre dispostos a botar unha man, e de Agustín que nos descubriu os segredos do fascinante mundo dos cogomelos.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.