Cunha participación que superou con fartura as expectativas da Asociación de Veciños e unhas condicións climatolóxicas extraordinarias, o sábado, día 12 de outubro, celebrouse a primeira edición da Andaina de Moreiras.
A pesar do lamentable intento dalgún desalmado de boicotear a proba modificando a última hora a sinalización do trazado, foron moitos os participantes que percorreron os vinte e cinco quilómetros do circuíto longo.
Desde a Asociación de Veciños de Moreiras, queremos dar as grazas a todos os participantes, esperando contar coa súa presenza na segunda edición deste evento deportivo, que se celebrará o mes de outubro de 2014.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.