Coa celebración da terceira Xuntanza Motera, o sábado día vinte arrancarán as Festas de Moreiras.
Será unha tarde chea de actividades xa que ós concertos de Travesía Peligrosa, 3 Dogs e Pacho Brea hai que sumarlle a celebración da xa tradicioal Festa de San Xoán.
A cita do domingo será no campo da festa, lugar no que se concentrarán os coches participantes na V edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Moreiras.
As festas prolongaranse até o día vintenove con diversas actividades: xogos infantis e xuvenís, pasacalles, concertos, malabares, circo, proxeccións, etc.
Os principales escearios, como xa ven sendo habitual, serán o campo da festa e a praza.
No aspecto meramente musical diversidade. Tres bandas de música: Barbadás, Chantada e Salceda de Caselas, duas charangas: Escachapeitos i Europa, a Agrupación Cultural Breogán, a Tuna Veterán da Cidade da Coruña, Los Tres de la Noche, Calambre, Sabina y Cia, Frik&Paldis Israel, Trébol.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.