O sábado, día doce de outubro, celebrarase a primeira edición da Andaina de Moreiras, unha iniciativa da Asociación de Veciños que pretende que coñezades os lugares máis senlleiros do pobo e arredores así como a natureza que nos rodea.
Son de destacar en canto a esta os érbedos que antes de chegar a praga das mimosas se utilizaban para facer estacas para as viñas, e as sobreiras das que veredes fermosos exemprares ó longo do percorrido.
En canto ós lugares destacados sinalaremos a ermida de San Bieito de Cova do Lobo, o Penedo dos Tangaraños (Ten no mesmo unha pía de auga
permanente onde se desentangarañaba ós nenos),
Tamén cabe destacar os pobos de As Airas, Trelle e Trellerma, o Siquiátrico de Moreiras de grande extensión e en estado de semiabandono na actualidade, e para rematar, a impresionante igrexa barroca de San Pedro de Moreiras xunto co seu casco urbán no que poderedes observar os mellores exemplos de arquitectura popular.
A andaina, que partirá da praza ás 9:30 horas, terá un percorrido total de 25 quilómetros divididos en dous tramos, o primeiro de 10 quilómetros e o segundo de quince.
Ó finalizar a andaina, os participantes poderán degustar un máis que merecido churrasco.
REGULAMENTO
1.- Dirección da proba:
Voluntarios/as da Asociación de veciños.
2.- Inscrición
Do día 19 de agosto ao 9 de outubro.
Mediante ingreso na conta 0046 0060 1100 0002 7322 (Banco Gallego). Neste caso deberedes enviarnos o xustificante de pago xunto cunha copia do DNI á dirección andaina@moreiras.org ou o fax 988 261 272.
No Concello de Toén (Rúa Ribadela 1) Teléfono: 988 261 074
En Redonet (Rúa Ervedelo 21, 32002 Ourense) Teléfono: 988 222 0692 Fax: 988 225 0960
O número máximo de participantes é de 200.
O prezo da inscrición será de 7 euros e dará dereito a avituallamento líquido e sólido e, ó rematar a proba, churrasco e bebidas.
3.- Saída
Tódolos participantes deberán estar ás 9 diante da Casa da Cultura onde se lle entregarán os dorsais ós que non o teñan xa e máis o tiket que dá dereito a participar na churrascada.
Será obrigatorio levar o dorsal posto durante toda a andaina para poder participar xa que é o elemento imprescidible para levar un control da proba.
4.- Itinerario:
Estará perfectamente sinalizado dende a saída ata a meta. Ó chegar ó kilómetro 9 (aprox.) hay un desvío sinalizado cara Moreiras para os que non desexen continuar. O resto poderá seguir ata o remate da proba de 25 Kms.
Recoméndase a todos que midan as súas forzas. A andaina é fácil pero para facela enteira cómpre ter certo entrenamento.
5.- Avituallamentos:
Haberá dous puntos de avituallamentos líquidos nos quilometros 8 e 20 e un punto de avituallamento líquido e de froita no quilómetro 15.
6.- Controis:
Estarán situados nos puntos de avituallamento polos que é
obligatorio pasar e acreditarse.
7.- Observacións: Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión de importancia, debe comunicalo a outro participante ou, se é posible, achegarse ó control máis próximo.
A organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas. É recomendable que os participantes dispoñan de unha licencia federativa ou conten cun seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido.
O responsable de control e os camiñantes escoba poderán retirar da proba a calquera participante se consideran que o seu estado físico así o aconsella ou se vai máis lento do que consideran normal.
8.- Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.