O abandono do lixo na natureza

Nun momento de crecente concienciación ambiental, a práctica do abandono de lixo na natureza, coñecida popularmente como basuraleza“, emerxe como unha das máis grandes ironías e ameazas ao noso planeta. Este termo, que fusiona as palabras “basura” e “naturaleza”, non só ilustra o problema, senón que tamén subliña a urxente necesidade de abordalo.

Estes residuos, que van dende pequenos envases ata obxectos de gran tamaño, non só son unha afrenta visual á beleza natural, senón que tamén representan unha grave ameaza á biodiversidade e aos ecosistemas. Os plásticos, en particular, demoran séculos en descompoñerse, liberando durante este proceso substancias tóxicas e microplásticos que afectan tanto a fauna terrestre como acuática.

Temos moitos exemplos o noso arredor para tomar conciencia de que estamos a enfrontarnos a un problema serio que amenaza a nosa saude e a imaxe do noso pobo. Ata non fai moito, nos Campos tíñamos unha mostra da barbarie coa que algúns desaprensivos maltratan o noso monte: moreas de botellas de cristal, calzado, material de construcción e roupa convivían coa vexetación propia da zona.

Máis que un caso illado, o dos Campos é so unha mostra do que ten acontecido, e acontece, noutras partes do nosos montes, unha mostra da insensibilidade e ignorancia dunhos poucos que están dispostos a destrozar un ben que é de todos.
Imos deixalos?

 

UNHA REALIDADE PREOCUPANTE
O ecosistema do campo, dos bosques e do monte reséntese cada vez que abandonamos neles lixo que, en moitas ocasións, acaba nos ríos, lagos e mares onde é moito máis difícil de retirar. 

Calcúlase que máis dun terzo dos residuos que invaden os espazos mariños proceden do abandono de lixo ou littering en praias ou mesmo terra dentro e que desemboca no mar tras unha aciaga viaxe polos nosos ríos ameazando a nosa biodiversidade alá por onde pasa.

Tras a prevención do abandono de residuos en contornas naturais, atallar o problema o máis preto posible de onde se produce, como é o caso do campo, dos bosques e do monte, é a mellor maneira de evitar males maiores. E é que abandonar lixo na natureza ten as súas consecuencias:

  • Por cada quilómetro cadrado de océano atópase unha media de 13.000 anacos de refugallos plásticos.
  • Para 2025 podería chegar a haber 250 millóns de toneladas de plástico nos océanos, segundo Ocean Conservancy
  • Máis de 4,8 millóns de toneladas de plástico procedentes de terra firme acaban no mar cada ano.
  • Calculouse que preto do 80% dos residuos que invaden espazos mariños proceden do littering ou o abandono de lixo
  • Non aplicar a Regra do Tres Erres: reducir, reusar e reciclar, xera emisións e contamina o medio ambiente. O sector dos residuos é o causante do 3,2% das emisións da UE.
  • Segundo a ONU polo menos 267 especies sufriron enredos en refugallos plásticos ou os inxeriron.
  • Entre o 50% e o 80% das tartarugas mariñas atopadas mortas inxeriran desfeitos plásticos, segundo as mesmas fontes.

Actuar fronte a este problema non é sinxelo xa que, na maioría dos casos,  non só entran en xogo a falta de sensibilidade social e dunha cultura ecolóxica básica que permita coñecer as consecuencias do abandono do lixo, fora dos espazos nos que debe ser depositado.

Nas nosas máns está facer do monte un espazo libre de lixo e denunciar a aquelas persoas que fan caso omiso das normas cívicas e da lexislación vixente. 

 

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web