Ano tras ano, o campo da festa quédase pequeno para dar cabida aos participantes na Xuntanza de Coches Clásicos de Moreiras, unha iniciativa que naceu como un reto e que o paso do tempo acabou por converter nunha cita obrigada para os amantes do mundo do motor en xeral e dos coches clásicos en particular.
Como sempre, a incripción ao evento e gratuita podendo participar coches matriculados até decembro de 1982.
A Xuntanza arrancará cedo. Entre as 9:00 e as 10:00 horas está prevista a chegada e concentración dos coches no campo da festa para posteriormente facer un percorrido, máis extenso en quilómetros que nas anteriores edicións, por novas zonas e carreteras míticas del Rally de Ourense.
Volta ao campo da festa de Moreiras e invitación aos participantes a unhos pinchos por cortesía da Comisión de Festas.
A participación rondará os setenta vehiculos inscritos.
Colabora: Turismo y Ocio en Ourense
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.