VII Andaina de Moreiras

Andaina de Moreiras

O sábado, día 12 de outubro, celebrouse a sétima edición da Andaina de Moreiras. Como en anteriores ocasións a climatoloxía puxo todo da súa parte para que os participantes disfrutasen dunhas condicións impropias do mes de outubro.

Máis de douscentos andaríns, déronse cita na Casa de Cultura de Moreiras ás 8:30 horas, para recoller os seus dorsais e tomar a saída desta proba que consta dun circuíto principal de 26,5 quilómetros e outros dous alternativos de 14 e 21 quilómetros.

Novas caras e vellos coñecidos déronse cita na sétima andaina de Moreiras.

A sinalización do trazado – a propia do PRG-186 -, reforzouse a fin de evitar descoidos que puidesen levar a algún dos participantes a saírse do circuíto elixido. Os postos de avituallamento, catro en total, situáronse como xa é habitual en puntos estratéxicos para facilitar, basicamente, auga e froitas aos participantes.

A proba finalizou coa tradicional comida de confraternización na que os andaríns puideron gozar dun menú composto por empanada, carne ó caldeiro, bica, auga viño e licores.

A ANDAINA EN IMAXES
Como cada ano contamos cunha extensa galería fotográfica da andaina. As imaxes estan repartidas entre:

AGRADECEMENTOS:

  • A todos os participantes coa esperanza de que de voltárades a casa satisfeitos.
  • A todas as persoas que ano tras ano nos axudan a facer posible esta Andaina. Elas e eles xa forman parte da historia da Andaina de Moreiras.
  • A Protección Civil outro pilar básico da nosa andaina.
  • Ós nosos colaboradores: o Concello de Toén, Coca Cola, Redonet e Turismo de Ourense.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web