A Comunidade de montes veciñais en man común Moreiras Trelle celebrou o pasado sábado día 19 unha asemblea extraordinaria na que se presentaron e debatiron os proxectos elaborados por a Xunta Directiva para este ano 2020.
A participación superou con creces a de asembleas anteriores (exceptuando a do pasado mes de marzo) o que pon de manifesto a importancia dun sistema de comunicación que inclúa o boca a boca e o envío de notificacións postais a todos os membros da comunidade.
A propostas, que se publicaron pormenorizadas con anterioridade na páxina da Comunidade de Montes, teñen como obxectivo mellorar o estado do noso monte e os servizos tanto de Moreiras como de Trelle, desenvolvendo para elo un plan integral no que se inclúen a creación de cortalumes, o desbrozado de camiños e zonas de monte, a instalación de bocas de rego e mangueiras anti-incendio nas duas parroquias, etc.
Capítulo aparte merecen o proxecto de recuperación inmediata das instalacións do campo da Costoira, que tras sufrir importantes desperfectos polo incendio do pasado mes de agosto foi saqueado por un grupo de delincuentes que arrincaron tuberías, portas, grifos etc., e a creación dun convenio de colaboración entre a Comunidade e as Asociacións de Veciños de Moreiras e Trelle que aportará visibilidade a Comunidade de Montes e dispoñibilidade económica ás duas asociacións.
O voto maioritario da asemblea foi favorable para todos e cada un dos proxectos presentados, por o que a Comunidade de Montes comprometeuse a comezar o seu desenvolvemento o antes posible.
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.