O sábado, día 23 de novembro, a Comunidade de Montes en man común Moreiras-Trelle celebrará unha nova asemblea para decidir cal será o futuro de dos terreos do psiquiátrico.
Durante a asemblea e antes de prodecer a votación sobre o cambio de etiqueta, presentarase aos asistentes o informe xurídico elaborado por Don José Manuel Orbán.
Unha vez máis, debido á importancia do tema a tratar, solicitamos a participación de todos os comuneiros e comuneiras de Moreiras e Trelle, a fin de conseguir a mellor solución para o patrimonio dos nosos pobos.
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.