Vista a premura de Medio Rural por documentar a cesión dos terreos anexos ó espazo que ocupa o psiquiátrico, a Comunidade de Montes e a Dirección Provincial desta Consellería chegaron ó acordo de presentar unha proposta de clasificación para ditos terreos, e retirar a xa presentada, que contemplaba a clasificación de todo o comunal non clasificado.
Con esta medida, pretendemos favorecer a inmediata posta en marcha das obras do centro integral contra incendios, que doutro xeito poderían verse afectadas pola demora dun proceso de clasificación máis longo que, sen dúbida, afectaría ás inversións previstas para o ano 2021.
Posteriormente, presentarase de novo un proxecto de clasificación para o resto do monte comunal.
Construída no século XVIII, destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.
Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.
Parece ser que Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.
Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.