Novas

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o día 25 de novembro,  o mércores 12 de novembro as 19:30 horas a Compañía Trécola Teatro porá en escena no salón de actos da Casa de Cultura de Moreiras a obra Campo de acción. O mundo occidental ten un ritmo de […]

Falamos con Juan Canal, concelleiro de Anova e impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario. De ti parte a idea de crear unha iniciativa solidaria para axudar ás persoas máis desfavorecidas do Concello, ¿Por qué? Hoxe estamos a vivir unha etapa de emerxencia social, recortes en servizos básicos como sanidade e educación, paro xuvenil por riba […]

Falamos con Victoria Iglesias, presidenta de Toén Solidario. Moitas veces ao falar de solidariedade pensamos en países do terceiro mundo, catástrofes naturais, confrontacións bélicas etc.  con todo non fai falta saír das fronteiras do noso país para atoparnos con casos de extrema necesidade que pasan desapercibidos lonxe das cámaras de televisión ou das cabeceiras dos […]

A través dos anos a paisaxe de Moreiras foi mudando até convertirse no que hoxe coñecemos. Algúns lugares transformáronse mentras que outros desapareceron e só quedan no recordo….
As persoas que fixeron posible esta transformación, crearon unha identidade singular que define a Moreiras como pobo. Moitas delas xa non están con nos, pero a sua impronta perdura na memoria colectiva dos veciños e veciñas.

O domingo, día cinco de outubro, celebrouse a segunda edición da Andaina de Moreiras. Máis de duascentas oitenta persoas partiron da Casa de Cultura ás 9:30 horas para percorrer os 14, 21 ou 27 quilómetros que conformaban os tres circuitos postos a disposición dos participantes. A climatoloxía puxo todo da sua parte para que os […]

Visto o éxito de participación da pasada edición da andaina e tendo en conta que este ano a proba celebrase en domingo ¿qué expectativas tes neste apartado? Creo  que a participación vai igualar cando menos á do ano anterior. Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben. […]

O día 5 de outubro celebrarase a II Edición da Andaina de Moreiras, un evento que arrancou o pasado ano deixando, en xeral, bo sabor de boca a todos os vecinos do pobo e particularmente ós que formamos parte da Asociación de Veciños, entidade organizadora da proba. Pouco ten que ver o percorrido desta segunda […]

“Os sons do vento” é o titulo do concerto de fados cantados en galego que, o día 16 de agosto ás 20:30 horas, Gonçalo Guerreiro dará na praza de Moreiras. As cantigas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto aos mozos como aos maiores.

Organizada por a Asociación de Veciños de Moreiras, e coa colaboración do Concello de Toén, o día 5 de outubro celebrarase a segunda edición da Andaina de Moreiras.

A proba, de dificultade media, ofrecerá ós andaríns a posibilidade de percorrer 13, 20 ou 25 quilómetros visitando Mugares, Fondón, Toén, Trellerma, Trelle para finalizar en Moreiras.

Dentro do Programa de Apoio á familia da comarca de Ourense, a Casa de Cultura de Moreiras acollerá os meses de marzo e abril unha serie de charlas e obradoiros socioeducativos de orientación familiar.

Estase a desenrrolar o curso de iniciación á informatica. Nel os participantes familiarizaranse co ordenador e coa informática en xeral, permitindo ademais que se adquiran as habilidades necesarias no manexo das ferramentas informáticas.

Asociación de Veciños, Agrupación Cultural Breogan, Asociación de Mulleres Rurais e Clube Deportivo Moreiras desenrrolarán durante as festas de Nadal una ampla programación de actividades que arranca o día 24 coa chegada de Papa Noel á Casa de Cultura o día 24 ás 18:00 horas.

Agardamos as túas suxestións

O desenvolvemento da Asociación de Veciños pasa por que todos nos impliquemos, xa sexa participando nos seus órganos directivos ou colaborando desde fóra 

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Diseño: ACWebStudio - Diseño Web